Formoso adianta cambios no PSdeG e mantén o apoio a Besteiro

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Executiva extraordinaria do PSdeG reuniuse este martes para analizar os resultados electorais.
reunion executiva psdeg psoe
21 Feb 2024

A Executiva extraordinaria do PSdeG reuniuse este martes para analizar os resultados electorais. Valentín González Formoso, o secretario xeral do partido anunciou “cambios de ritmo e de mensaxe” e mesmo “cambios orgánicos”.

Os socialistas galegos reuniron este mércores á súa Comisión Executiva Nacional Galega nunha reunión extraordinaria na que analizarán os resultados electorais e convocarán aos órganos internos para facer unha análise máis detallada co conxunto da organización

Logo do encontro, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apuntou que o futuro do partido “pasa por Besteiro”, como líder do único partido “capaz de aglutinar á maioría social de Galicia e de lograr o cambio político” porque “canto máis BNG máis PP”. Así o dixo logo da Executiva dos socialistas galegos convocada para analizar os “malos resultados electorais” do pasado domingo.

O responsable socialista emprazou a “afrontar o futuro con optimismo e con realismo, aceptando a mensaxe do país” nas pasadas eleccións que, dixo, sinalaron que “a alternancia ten que pasar por un PSdeG forte”. Apuntou que o futuro do partido para por “intensificar a defensa dos intereses dos galegos e das galegas”.

Dixo que o PSdeG asumirá “cambios de ritmo e de mensaxe” e mesmo “cambios orgánicos” cunha “aposta pola tranquilidade e por facer as cousas ben, aprender dos erros do pasado”. Formoso deu por aberta unha nova etapa de 4 anos de “traballar a reo” para configurar unha alternativa de goberno facendo caso da mensaxe das pasadas eleccións.

A Executiva extraordinaria do PSdeG reuniuse este martes para analizar os resultados electorais, debidos a “causas internas e externas”, que derivaron nunha “polarización política e mediática clara” favorable a PP e BNG. As dúas opcións, dixo, presentaron candidatos consolidados no tempo fronte a un Besteiro que apenas contou con mes e medio para aumentar o grao de coñecemento e explicar o proxecto socialista no territorio.

Formoso advertiu que as pasadas eleccións deixaron a “lectura” de que “máis mobilización do BNG implica máis mobilización do PP”. Insistiu na necesidade dun PSdeG “forte” no que, dixo, “non temos que transmutarnos en nada, non necesitamos agochar a nosa identidade, o que pensamos nin o que somos”.

Dirixiuse a PP e BNG para subliñar dúas “conclusións erradas” por cada unha das dúas formacións, en primeiro lugar por tomar o resultado electoral coma un plebiscito sobre Feijóo, cando “o pobo galego falou” para escoller ao presidente de Galicia. Doutra banda, dirixiuse a Néstor Rego para desmentir que o 35 por cento do electorado galego apoie unha opción soberanista, “nada máis lonxe da realidade”, apostillou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15527009963989