Foron entregados os premios do XXVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela
O XXVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela entregou os seus premios a María Soledad García Riveiro, Xoán X. Piñeiro Cochón, Concepción Fernández López, Gabriel Estelrich Torrens e Patricia Torrado Queiruga.
Así, o primeiro premio de poesía foi para 'As palabras son cinzas por soprar' de María Soledad García Riveiro, o segundo premio de poesía foi para 'Os trapecios terreais' de Xoan X. Piñeiro Cochón, o primeiro premio de narrativa foi para 'Follas dun caderno de coiro marrón' de Concepción Fernández López e o segundo premio de narrativa foi para 'Vamos con todo, Johnny' de Gabriel Estelrich Torrens.
Por outra parte, houbo unha mención especial especial Camiño de Santiago para 'Verba enxertada' de Patricia Torrado Queiruga. Así, desde o Concello agradeceron a alta participación e a calidad das obras presentadas.
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, destacou durante o acto, celebrado no Centro Sociocultural que leva o nome dos galardóns, que este certame, “que leva o nome da provincia de Lugo lonxe das nosas fronteiras”, demostra a riqueza cultural e a capacidade dinamizadora do rural.