Frío

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Apuntamentos Veterinarios. As útlimas novidades dos estudos realizados sobre esta materia, tanto en mascotas como animais de granxa.
breixo
5 Feb 2021

Por Breixo González

Hoxe imos falar de unhas pequenas consideracións con respecto ás nosas mascotas e o frío.

Moitas veces escoitamos a frase “é un can , como o vistes, se non ten frío“, pois é un erro , as nosas mascotas si sofren o frío é as veces de xeito máis acusado por nos.

Primeiro, moitos dos nosos animais viven dentro de casa con calefacción o cal aumenta a sensación de choque térmico o cal aumenta os riscos derivados.

Hai varios factores a ter en conta, para empezar a idade, animais moi novos ou vellos son máis susceptibles o frío, os primeiros polo seu reducido tamaño e que fai que a relación peso/ superficie é maior (a menor tamaño a superficie de pel do animal é maior) o que fai que aumente a perda de temperatura, outra é que o gasto enerxético dos cachorros está asociado o seu crecemento e non a termorregulación polo que non so capaces de gardar ben a temperatura. No caso dos animais vellos o problema é que teñen un menor nivel de actividade e o seu ritmo metabólico é menor co cal non son capaces de xerar tanto calor.

Outro factor a ter en conta é o tamaño, como xa vimos no caso dos cachorros que a menor tamaño, mais perda de temperatura. Tamén o tipo de pelo inflúe, moitas razas de cans teñen pelo curto ese pelaxe apenas protexe do frío, eso ocorre en razas como os galgos. A procedencia do animal é tamén é importante , temos que darnos conta que agora son comúns animais de razas procedentes de países tropicais (chihuahuas por exemplo) ou cans sen pelo , isto fainos moi susceptibles ó frío.

Por iso debemos ter en conta certas consideracións:
-Se a túa mascota pasa a noite ou o día fóra de casa, fai falla proporcionarlle un lugar onde poder acubillarse e resgardarse do frío e das inclemencias meteorolóxicas.
- Saca a pasear ao teu can durante as horas de máis sol. En animais que pasen moito tempo no exterior, reforza a súa alimentación cunha maior achega de calorías e nutrintes, debido a que o seu desgaste será maior e necesitarán máis enerxía. Poila contra, se a túa mascota vive no interior do fogar, no inverno debería seguir a mesma dieta porque ao non realizar exercicio pode engordar.
- Presta atención ás súas orellas e sécaas ben sempre que se mollen, así evitarás que contraia otite ou un gastroenterite.
-En casa é aconsellable deixarlles unha manta para que se tapen se queren e unha alfombra para que non estean tombados sobre o frío chan.
-No caso de animais peludos, non lles cortes o pelo no inverno, xa que lles axuda a protexerse do frío e manter a calor corporal.
-Poida que o teu animal vólvase máis preguiceiro durante estes meses fríos, pero non debes permitir a falta de exercicio. É moi importante que os cans, sobre todo, realicen actividade física tamén no inverno.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.05106782913208