Friolfe celebra a II Festa da Xuventude e Ruta Cabalar o sábado 25 de outubro

O lugar de Friolfe, no concello do Páramo, acollerá o sábado 25 de outubro de 2025 a II Festa da Xuventude e Ruta Cabalar, unha cita que combina tradición, festa e boa comida.
A xornada comezará ás 10:30 horas coa saída da ruta cabalar, na que os participantes poderán gozar de pinchos a metade do percorrido. Pola tarde e noite, o ambiente festivo estará garantido con música e baile.
Ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú coa discoteca móbil DBC, seguida dunha comida popular ás 15:00 horas, con menú composto por empanada, xamón cocido, churrasco mixto, criollo e patacas, ademais de postre e café. A comida inclúe bebidas, refrescos, auga e viño, cun prezo de 30 euros para adultos e 15 euros para menores de 13 anos.
A partir das 17:00 horas haberá tardeo coa discoteca DBC e o DJ Goteo, mentres que ás 21:30 terá lugar a cea a base de pinchos de empanada e panceta (bebida non incluída).
A festa culminará coa gran verbena amenizada polos grupos Punto Clave e Cinema, a partir das 23:00 horas, baixo unha carpa instalada no campo da festa para garantir o bo ambiente sen importar o tempo.
O prazo de inscrición para participar na ruta e comida remata o 20 de outubro, e a organización pon a disposición dos interesados os teléfonos de contacto de Iván (696 220 380) e Adrián (680 848 188).
O evento conta coa colaboración do Concello do Páramo, a Xunta de Galicia e numerosos establecementos da zona, que fan posible esta cita pensada para o desfrute de toda a veciñanza e visitantes.