Ginette é a seguinte confirmación de artistas do Festival Tremeterra do Incio

SarriaXa
Actuará, xunto con Wandem Sound System e Toroki o día 31 de agosto
Ginette-Prod
26 Maio 2024

Os organizadores do Tremeterra Festival do Incio confirmaron unha nova artista coa que contarán no Encoro de Vilasouto o vindeiro 31 de xuño, que é Ginette, de orixe francesa, compositora, produtora e intérprete en vivo de música dub, unha apaixonada do xénero, completamente inmersa na cultura do Sound System.

As súas composicións inspíranse en diversas orixes: ska, rockers, stepper e digital entre outros que amosan unha artista experimentada nunha música sen barreiras. Ginette tamén é compositora e intérprete de Ollyficators e cofundadora do selo independente Wahha Records.

Activista e comprometida con representar e expandir o lugar da muller no mundo Reggae/Dub, tamén forma parte do colectivo Sound Women United.

0.13202095031738