Goián celebra a festa de San Miguel 2025 con misa, xantar e música

SarriaXa
Ás 14.00 horas celebrarase o xantar, que incluirá polbo, churrasco e sobremesa
festa-goian
21 Sep 2025

A Escola de Goián, en Sarria, acollerá o domingo 28 de setembro a tradicional festa de San Miguel 2025, organizada pola Asociación Veciñal de Goián (Ajuilaouca). A xornada comezará ás 12.00 horas cunha misa, á que seguirá unha sesión vermú ás 13.30 coa actuación do Dúo La Gira.

Ás 14.00 horas celebrarase o xantar, que incluirá polbo, churrasco e sobremesa, cun prezo de 40 euros para adultos e 20 euros para nenos e nenas ata 12 anos. Os comuneiros e socios contarán con dúas prazas de balde por casa. Pola tarde continuará a festa con nova música a cargo do mesmo dúo.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do xoves 25 de setembro chamando aos teléfonos 650 036 380 (José), 684 095 979 (Kevin) ou 618 249 003 (Jéssica).

⚙ Configurar cookies
0.080783128738403