Goián continúa a celebrar as súas festas na honra ao Santo Cristo
A parroquia de Goián, en Sarria, está a celebrar as súas festas na honra ao Santo Cristo con diversas actividades para a veciñanza e aquelas persoas interesadas en achegarse.
Todo comezou o sábado, día 31 de agosto, cunha xuntanza cabalar coa saída ás 16.30 horas do campo da festa e seguiu coa misa das 20.00 horas. Xa ás 21.30 horas tivo lugar unha pancetada popular seguida de verbena, amenizada polo Dúo Tropical.
Pola súa parte, o domingo 1 de setembro, comezaron as misas a partir das 10.00 horas e a misa maior foi celebrada ás 13.00 horas con Mario Vázquez, vicario xeral da Diócese de Lugo, e o cura de Goián, Jules Rogerser. Esta misa maior veu seguida da procesión do Santo Cristo e acompañada polo Grupo Reviravolta, contratado co plan Tradigalu da Deputación de Lugo.
Durante o resto do día, houbo sesión vermú coa orquestra Solara e á noite, de novo, a orquestra Solara puxo a música a partir das 22.00 horas, así como tamén estivo animando a festa a Banda Louband de Sarria.
Para rematar as actividades, durante a xornada de hoxe, luns, 2 de setembro, haberá misa ás 13.00 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo Tania Veiras e durante esta xornada celebrarase un sorteo de 3 lotes de produtos valorados cada un en 100 euros. A festa rematará co Grupo Tania Veiras.