González Formoso presenta ante os militantes o seu equipo co respaldo de Pedro Sanchez

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O líder dos socialistas galegos ofrece un triple acordo pola innovación, a economía e o emprego e a defensa dos servizos públicos
Valentin Gonzalez Formoso Pedro Sanchez 081221 01 1200x675
9 Dec 2021

O líder dos socialistas galegos ofrece un triple acordo pola innovación, a economía e o emprego e a defensa dos servizos públicos

O novo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, clausurou hoxe o 14 Congreso dos socialistas galegos co compromiso de que o PSdeG “volva estar á fronte do goberno de Galicia”. O responsable socialista interveu xunto co secretario xeral do PSOE e presidente do goberno, Pedro Sánchez, no certame que rematou hoxe en Santiago de Compostela.

O novo líder dos socialistas galegos asumiu o cargo coa “altísima responsabilidade de volver situar ao PSdeG no lugar que merece, que é á fronte do Goberno da Xunta de Galicia”. Lembrou o legado dos ex presidentes socialistas para sinalar que “necesitaríamos mais tempo de Laxe é Touriño, de socialdemocracia”, afirmou Formoso.

Destacou que os grandes avances para os galegos e galegas viñeron de gobernos socialistas no Estado, pero advertiu que “Galicia necesita mais Galicia, mais PSdeG” para superar a falta de ambición tras doce años de PP na Xunta.

Apuntou unha liña política “propositiva, construtiva, capaz de ler as prioridades dos veciños e das veciñas do país, que sexa un instrumento útil á cidadanía, merecedor da confianza dos galegos e das galegas”. Apostou por “xerar ilusión” a partir dos 111 alcaldes e alcaldesas e dos case 1.000 concelleiros socialistas que dende o goberno e a oposición son “capaces de facer política socialdemócratas”.

Reivindicou o carácter municipalista do partido, ao que conxurou para acadar un “gran resultado nas municipais de 2023” para que sirva como “palanca de impulso para chegar á Xunta”. Chamou a que “Galicia entenda que o PSdeG ten un proxecto galeguista, europeísta e progresista” e que “podemos ser os depositarios da confianza dos galegos e das galegas” na próximas convocatorias electorais “porque entendemos e sentimos Galicia”.

Como primeira mostra propuxo tres grandes acordos coas demais forzas políticas, dirixidos á innovación, á economía e o emprego e a defensa dos servizos públicos. En primeiro lugar reclamou un pulo á I+D+i e á transformación dixital, así como aos procesos produtivos para “converter Galicia nun entorno innovador, onde as empresas tecnolóxicas e científicas saiban que están na súa casa”.

Tamén propuxo un acordo para o emprego de calidade e o desenvolvemento económico e industrial do país, sinalando á situación da Mariña lucense e da industria de Ferrolterra para que “ninguén quede atrás. Incluíu a transformación dos produtos agrogandeiros e o sector mar – industria como eixos fundamentais da reactivación económica de Galicia.

SERVIZOS PÚBLICOS

Finalmente, situou á defensa dos servizos públicos como terceiro eixo fundamental da súa proposta, logo de 12 anos de gobernos ininterrumpidos do PP nos que acadaron o dubidoso mérito de ter conseguido listas de espera na Atención Primaria, que pasou de ser a primeira liña de batalla pola saúde dos galegos e das galegas a converterse nunha “mera liña de atención telefónica”.

Anunciou que “vamos combater o desmantelamento da sanidade e dos hospitais comarcais de Valdeorras, Verín e A Mariña”, e comprometeuse na defensa aos profesionais sanitarios que logo de dar a cara e xogar a vida durante a pandemia enfróntanse a unha “política laboral máis propia do século XVIII, encadeando contratos precarios”.

Chamou á defensa da educación pública, logo de que o goberno galego pechara 138 colexios dende que Feijóo é presidente da Xunta, con centos de pais e nais de nenos con discapacidade que ven como perden o seu dereito a unha atención especifica nas escolas galegas. Propuxo así un gran acordo pola mocidade para que o goberno galego deixe de asumir con normalidade a fuga masiva de cerebros por falla de oportunidades.

SINAL DE IDENTIDADE 

González Formoso emprazou a facer destes grandes acordos o sinal de identidade dos socialistas galegos, dun partido que representa “a solidariedade e o benestar social, e que non entende a sociedade sen ser feminista, que non comparte unha sociedade que se diga demócrata mentres haxa unha soa muller vítima de violencia de xénero”.

O líder dos socialistas galegos defendeu a xestión dos gobernos socialistas tanto en Madrid, onde puxo en marcha o “paraugas social” e o muro de protección ao tecido produtivo durante a pandemia, como a xestión local e provincial. Neste sentido, lembrou que en 12 anos Feijóo foi incapaz de poñer en marcha unha soa residencia pública, fronte ás 12 que inauguraron Gómez Besteiro e José Tomé dende a Deputación de Lugo.

González Formoso interveu diante do plenario do 14 Congreso dos socialistas galegos inmediatamente despois de ter escollido á nova Executiva co 81,47 por cento do apoio, a representación galega no Comité Federal co 79,2 por cento, o Comité Nacional Galego co 82,42 por cento e a Comisión Nacional de Ética co 79,52 por cento.

PEDRO SÁNCHEZ

O secretario xeral do PSOE e presidente do goberno, Pedro Sánchez, clausurou o congreso dos socialistas galegos e saudou ao novo secretario xeral sinalando que “acerta” coa proposta de triple acordo dirixido a tódalas formacións políticas. Apuntou que “falar de reindustrialización e emprego, de innovación e do fortalecemento dos servizos públicos é entender as claves da sociedade e do progreso para os próximos 20 a 40 anos”.

Confesou sentir “envidia sana” da oposición que debulla o novo líder dos socialistas galegos, fronte a unha dereita e ultradereita “empeñadas en debullar unha España triste e sen ideas á súa imaxe e semellanza”. Criticou que falen de “quebra” cando “o futuro pasa por superar a pandemia e a recuperación económica” e que amosan a súa “verdadeira faciana cando hai que arrimar o ombreiro”.

Subliñou que o PSOE “nunca lle fallou a España” e o PSdeG “nunca fallará, como nunca ten fallado a Galicia”, logo de reivindicar o esforzo do goberno central con esta Comunidade Autónoma. Lembrou que Galicia recibirá 1.070 millóns de euros de investimento público nos próximos Orzamentos -un 29 por cento por riba do ano pasado-, e 8.000 millóns de entregas a conta para sanidade, educación ou dependencia.

Lamentou que o PP continuara votando en contra dos orzamentos do Estado elaborados por un goberno socialista que en 4 anos destinou a esta Comunidade Autónoma un 27 por cento máis de recursos que no goberno de Rajoy. Esta nova etapa, dixo, será a da chegada do AVE a Galicia logo de anos de retraso cos gobernos do PP grazas agora a un goberno do PSOE que está a amosar o seu compromiso co naval galego.

Sinalou ademais que grazas á lei de Cadea Alimentaria “o sector alimentario nunca máis terá que facer vendas a perdas, con prezos inferiores aos custes de produción”. Apuntou ademais que é o goberno progresista o que ven de subir o SMI, revaloriza as pensións ao nivel do IPC, implantou o Ingreso Mínimo Vital, aprobou a Lei de eutanasia, destinou máis de 2.000 millóns a bolsas, aprobou a Lei de Vivenda Pública, os ERTES ou as axudas a autónomos e créditos ICO.

Mentres o PP, sinalou, púxose en contra de todas estas medidas, co que preguntou “a quen defende a dereita deste país, porque non é aos cidadáns de a pé”, e engadiu que “nós sabemos a quen servimos e para quen gobernamos”.

RESPONSABLES POLÍTICOS

  • Presidencia: Carmela Silva Rego
  • Secretaria Xeral: Valentín González Formoso
  • Vicesecretaria Xeral: Lara Méndez López
  • Sª De Organización: José Manuel Lage Tuñas
  • Sª Da Área De Políticas Sociais: Margarita Martín Rodríguez
  • Sª De Igualdade: Silvia Belén Fraga Santos
  • Sª Da Área De Política Municipal: Alberto Varela Paz
  • Sª De Relacións Institucionais: María Barral Varela
  • Sª Da Área De Política Económica: Xoaquín M. Fernández Leiceaga
  • Sª De Infraestructuras E Territorio: Maria Reigosa Castro
  • Sª De Ciencia, Universidade E Transformación Dixital: Senén Barro Ameneiro
  • Sª De Educación: Carmen Fernández Morante
  • Sª De Cultura: Abel F. Losada Álvarez
  • Sª De Servizos Sociais E Dependencia: Yoya Neira Fernández
  • Sª De Sanidade: José Ramón García López
  • Sª Apoio Técnico E Portavoz: Maria Pierres López
  • Sª De Emprego: Pedro Blanco Lobeiras
  • Sª Participación, Redes Sociais E Comunicación: Paula García Rivero
  • Sª De Relacións Coa Unión Europea: Nico González Casares
  • Sª De Administración: Luis Ángel Lago Lage
  • Sª De Reto Demográfico: Paula Fernández Pena
  • Sª De Estratexia, Análise E Prospectiva: Iván Puentes Rivera
  • Sª De Emprendemento E Dinamización Económica: Mónica Rodríguez Ordóñez
  • Sª Municipal Menos De 5.000 Habitantes: José Miguel Alonso Pumar
  • Sª Municipal Menos De 10.000 Habitantes: Marisol Morandeira Morandeira
  • Sª Municipal Menos De 15.000 Habitantes: J. Francisco Ferreira González
  • Sª Municipal Menos De 20.000 Habitantes: Francisco J. Fumega Piñeiro
  • Sª De Planificación Estratéxica Local: Elvira Lama Fernández
  • Sª De Acción Electoral: Iván Castro Díaz
  • Sª De Deporte E Políticas Saudables: Susana Señorís Rodríguez
  • Sª De Política Industrial Y Transición Enerxética: Ángel Mato Escalona
  • Sª De Traballadores Autónomos: Gloria Prada Rodríguez
  • Sª De Desenvolvemento Rural: Rosa Arcos Caamaño
  • Sª De Pesca: Patricia Otero Rodríguez
  • Sª De Galeguidade: Antón Leis García
  • Sª De Relacións Co Asociacionismo: Milagros Castro Sánchez
  • Sª Dereitos Lgtbi: Javier Carballo De Jesús
  • Sª De Seguridade E Emerxencias: Marta Rouco Seoane
  • Sª De Función Pública: Rafael Cotelo Pazos
  • Sª De Área De Maiores: Digna R. Rivas Gómez
  • Sª De Coordinación Xurídica: Manuel Cutrín Domínguez
  • Sª Plans De Cooperación Local: Samuel Lago Ozón
  • Sª De Urbanismo E Vivenda: Áurea E. Soto Vázquez
  • Sª Coordinación Parlamentaria: César Mogo Zaro
  • Sª De Estudios E Proxectos: José Miñones Conde
  • Sª De Medio Ambiente: Noela Blanco Rodríguez
  • Sª De Xustiza: Rafael Arangüena Sande

SECRETARÍAS EXECUTIVAS

Juan José Díaz Valiño, Noelia Rodriguez Travieso, José Luis Ruiz Laiño, Ramón Alonso López, Maria Loureiro García, María Teresa Taboada Capón, Luis López Bueno, Ana Isabel Galego Rodriguez, Montse González Chavarría, Catalina González Álvarez e Patricia Rodriguez Calviño.

0.18039989471436