Gran éxito do Tapicheo en Sarria
Os 17 establecementos que participaron na décimo cuarta edición do concurso de tapas Tapicheo 2021 de Sarria deron fin a esta celebración no día de onte despois de catro días moi intensos no que algún establecemento chegou a acabar as tapas, grazas ao éxito desta iniciativa.
Foron moitos os sarriaos que se achegaron aos establecementos participantes para dar proba as diferentes propostas e poder entrar así no sorteo dos premios. No sorteo participarán aqueles clientes que teñan cumprimentada a tarxeta de votación con mínimo 10 establecementos en total (dous por ruta ou cor). As persoas que teñan os 17 establecementos cubertos participarán no sorteo da viaxe.
Os establecementos participantes foron Adarve, Camping, Contrapunto, Alfonso IX, Casino, O Chanto, Dp Cristal, El Parisien, D’Orixen, Don Pepe, Central, Xarope, Next, Santiago, Roberto, O Chanto, A Travesía dos Soños e 8 Mm. Algúns deles con tapa infantil.
As tarxetas de votación poderanse introducir nas urnas ata o día 8 de decembro ás 23.59 horas. A partir de aí farase un reconto e sairán 6 establecementos finalistas aos que acudirá o xurado profesional para probar as tapas e elixir os gañadores.
O Tapicheo de Sarria é unha iniciativa que fomenta o consumo nos negocios locais, moitos son os veciños que despois de probar a tapa quedaba no negocio para cear, axudando así á recuperación do sector que se viu moi afectado durante os últimos meses.