O Campionato de Tute de Eirexalba 2025 foi todo un éxito, con Manolo e Pedregal como campións

SarriaXa
Organizadores e veciños agardaban que o evento fose unha xornada de convivencia e competición nun ambiente agradable
Campionato-de-Tute-Eirexalba-O-Incio
12 May 2025

Eirexalba, no concello de O Incio, celebrou o Campionato de Tute 2025, un evento que tivo lugar na pista polideportiva climatizada da localidade.

Na competición participaron 30 parellas e os resultados foron os seguintes: o primeiro posto lográrono Manolo e Pedregal, o segundo foi para Casanova e Sindo, e o terceiro lugar para Francés e Néstor.

Na Consolación, Pintor e Ginés proclamáronse campións, mentres que Manolo e Aurora quedaron subcampións. A segunda consolación foi para Javier e Elena.

O Campionato de Tute de Eirexalba 2025 reparteu importantes premios entre os participantes: o primeiro clasificado recibiu 100 euros e trofeo, o segundo 60 euros e trofeo, o terceiro 50 euros e trofeo, e ademais houbo un premio de 40 euros e trofeo para o primeiro clasificado na categoría de Consolación.

Organizadores e veciños agardaban que o evento fose unha xornada de convivencia e competición nun ambiente agradable, aproveitando as comodidades do local climatizado.

⚙ Configurar cookies
0.14096999168396