Grandes festas en Triacastela na honra a San Mamede

SarriaXa
Grandes festas no concello de Triacastela na honra a San Mamede, maña día 17 de agosto a partir das 13.00 horas
festas TRIACASTELA 22 portada
festas TRIACASTELA 22 portada
16 Ago 2022

Maña Triacastela celebra as súas festas patronais na honra a San Mamede.

Os festexos comezarán ás 13.00 horas coa celebración dunha misa na capela de San Mamede, ás 13.45 horas haberá sesión vermú na praza do concello coa actuación da charanga Louband, ás 19.00 horas terá lugar tamén na praza do concello a actuación de Pakolas e pola noite, ás 22.00 horas, será a quenda da orquestra Miramar e o dúo Carpe Diem, que amenizarán unha pancetada.

festas TRIACASTELA 22
0.1121129989624