Grandes festas na parroquia de Goián os días 3, 4 e 5 de setembro

SarriaXa
Grandes festas na parroquia de Goián na honra ao Santo Cristo os días 3, 4 e 5 de setembro, no concello de Sarria
festas goian portada
29 Ago 2022

San Miguel de Goián, no concello de Sarria, celebra as súas festas grandes esta fin de semana.

O sábado día 3 terá lugar unha xuntanza cabalar ás 17.00 horas con saída no campo da festa. Percorrerase unha ruta marcada duns 20 quilómetros cunha parada para tomar uns pinchos e posteriormente, haberá unha churrascada ás 21.30 horas no mesmo campo da festa. A inscrición é obrigatoria e o prazo estará aberto hasta o 31 de agosto, pódese realizar chamando ao seguinte número de teléfono 669 423 754 (Diego) ou a través do correo electrónico luli28032001@gmail.com (Lourdes).

A verbena estará amenizada polo Dúo Venus e haberá queimada para tódolos asistentes.

O domingo día 4 celebrarase a misa maior ás 13.00 horas seguida da procesión. Haberá misas todo o día a partir das 09.00 da maña e pola tarde misa ás 19.00 horas.

A sesión vermú correrá a cargo do Grupo Alba e a partir das 21.30 horas haberá festa e verbena co Grupo Alba e a orquestra Os Satélites.

E para rematar os festexos, o luns 5 de setembro haberá misa ás 13.00 horas seguida de procesión, sesión vermú co grupo M-3  Show e festa e verbena coa actuación do mesmo grupo.

festas goian
0.16840696334839