Grandes festas patronais na parroquia de Val do Incio
SarriaXa
Grandes festas patronais na parroquia de Val do Incio os días 26, 27 e 28 de agosto con actuación de varios tríos musicais
24 Aug 2022
Os días venres, sábado e domingo desta semana, a parroquia de Val do Incio celebra as súas festas.
O día 26 haberá pancetada, queimada popular e verbena amenizada polo Trío Sintonía.
O día 27 ás 13.00 horas os asistentes poderán acudir a unha misa solemne con procesión e sesión vermú co Trío Rosel. Xa pola noite a festa correrá a cargo do mesmo trío.
E para o domingo 28, haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo do solista Paco da Ferrería. Quen tamén amenizará a noite coa súa actuación a partir das 20.00 horas.