Grandes resultados do Club Xirandela na 2ª Fase do Campionato Provincial de Ximnasia de Sarria

SarriaXa
Esta fase foi decisiva para determinar os equipos que conseguirían o pase ao Campionato Galego, que se celebrará en Ferrol o próximo 25 de maio
Club-Xirandela-en-Sarria
12 May 2025

Sarria acolleu este fin de semana a Fase do Campionato Provincial de Ximnasia, na que se deron cita máis de 600 ximnastas da provincia.

Esta fase foi decisiva para determinar os equipos que conseguirían o pase ao Campionato Galego, que se celebrará en Ferrol o próximo 25 de maio.

Os resultados para os equipos do Club Xirandela foron moi positivos, logrando 7 dos 8 conxuntos clasificar para o Campionato Galego. Concretamente, os conxuntos de Iniciación, Prebenxamín e Benjamín conseguiron a prata, mentres que o conxunto Alevín M e o Cadete conseguiron o ouro. Pola súa parte, o Alevín P quedou 4º d o Infantil non conseguiu clasificarse.

No resultado final provincial, o Club Xirandela destacou especialmente cunha gran mostra de esforzo e dedicación. Así, os conxuntos Iniciación, Benxamín e Alevín P quedaron Subcampións Provinciais; mentres que os Prebenxamín, Alevín M e Cadete foron Campións Provinciais. O Conxunto Senior quedou en lugar.

Con estes grandes resultados, o Club Xirandela pecha a fase provincial cun éxito rotundo e prepara as súas ximnastas para o reto galego en Ferrol. 

⚙ Configurar cookies
0.14427804946899