Grison Beatbox actuará como antesala do DHU Vila de Sarria o vindeiro 28 de xullo

SarriaXa
Grison Beatbox actuará como antesala do DHU Vila de Sarria o vindeiro 28 de xullo nun evento con entrada gratuíta
grison beatbox dhu vila
14 Xul 2023

O venres, 28 de xullo, arrinca a décima edición do DHU Vila de Sarria coa actuación do DJ Grison Beatbox, recoñecido pola súa participación no programa de Movistar + La Resistencia.

Este evento terá entrada gratuíta para todas as persoas interesadas, que poderán desfrutar do espectáculo do campión de beatbox con loopstation, que fará un remix  das cancións de actualidade.

A actuación do DJ será a primeira das actividades organizadas polo equipo DHG Team de Sarria e será a antesala para a fin de semana, que acollerá o mini DHU Vila de Sarria e o domingo o DHU Vila de Sarria de adultos, no que participarán 150 corredores federados.

0.16067600250244