Guillermo Dacal impartirá un curso de gaita e percusión tradicional en Samos
SarriaXa
A formación desenvolverase desde o mes de outubro e ata xuño do ano 2025
8 Sep 2024
O Concello de Samos organiza un curso de gaita e percusión tradicional para persoas maiores de 8 anos durante este curso lectivo, de outubro a xuño.
Así, desenvolverase na antiga biblioteca municipal de Samos, diante do casa consistorial, impartido polo profesional Guillermo Dacal.
As persoas interesadas en participar e así aprender máis sobre a música tradicional galega a través de instrumentos propios, poden apuntarse a través do número 697 51 62 57.