Guntín e O Páramo licitan a compra conxunta dunha pala mixta

LugoXa | SarriaXa
Os concellos de Guntín e O Páramos sacaron a licitación a compra dunha pala mixta para a realización de diversos traballos de limpeza de cunetas e cauces, poda de árbores e retirada dos restos, plantación de árbores, retirada de obstáculos, etc, todos eles traballos que benefician ao medio ambiente e axudan a previr incendios forestais.
maquinaria obras pala mixta
29 Out 2023

Os concellos de Guntín e O Páramos sacaron a licitación a compra dunha pala mixta para a realización de diversos traballos de limpeza de cunetas e cauces, poda de árbores e retirada dos restos, plantación de árbores, retirada de obstáculos, etc, todos eles traballos que benefician ao medio ambiente e axudan a previr incendios forestais.

O orzamento total do subministro da pala mista ascende a un total de 39.780 euros dos que 32.876 e corresponden co valor estimado e 6.903,97 co IVE.

Esta compra está cofinanciada pola Dirección Xeral de Administración Local para levar a cabo o proxecto denominado Adquisición de maquinaria para a protección do medio ambiente e do espazo natural ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2023, de xeito individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

A Dirección Xeral de Administración Local por delegación do vicepresidente segundo e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, concedeulle á agrupación de concellos de Guntín e O Páramo unha subvención por importe total de 37.575,85 euros para esta compra. Polo que ambos os dous concellos deberán engadir 20.233 euros para completar o orzamento.

A empresa adxudicataria terá de prazo ata o 30 de outubro para entregar a máquina. Os obxectivos principais que se desexan alcanzar con esta nova maquinaria é o mantemento de vías e áreas municipais e actuacións de protección do medioambiente e dos espazos naturais.

0.17177295684814