Helena Salgueiro presenta o seu poema gañador do XXIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño de Sarria

O poemario Amor palimpsesta, da autora compostelá Helena Salgueiro, será presentado na Casa da Cultura de Sarria despois de ser elixido gañador do XXIV Premio de Poesía “Fiz Vergara Vilariño”, convocado polo Concello de Sarria en colaboración coa Agrupación Cultural Ergueitas.
O xurado destacou a obra como «unha proposta que desprega unha paisaxe híbrida, cunha engrenaxe paratextual moi rica e complexa, que alicerza unha reflexión arredor do amor e da escrita».
A presentación da edición publicada por Espiral Maior terá lugar o venres 14 de novembro, ás 19:00 horas, e no acto participarán a propia autora, os membros do xurado, o editor Miguel Anxo Fernán Vello, a presidenta de Ergueitas, María Casar, e o concelleiro de Acción Cultural, César No.