High Nebra é a décimo cuarta confirmación dos organizadores do Festival Tremeterra do Incio

SarriaXa
É un dos produtores nacionais máis activos e con máis proxección na escea
High-Nebra
6 Xuño 2024

High Nebra, produtor galego pertencente ao colectivo compostelano Dub Mono HiFi, co-fundador do selo Universal Echo e parte da crew do Tremeterra Fest, actuará de forma individual o vindeiro 31 de agosto.

É un dos produtores nacionais máis activos e con máis proxección na escea, nos últimos anos publicou numerosos singles e varios álbums con colaboracións de artistas nacionais e internacionais tanto en vinilo como en formato dixital.

Destacando o seu single en formato dixital “Crisis Steppa” xunto a Indra Mc no 2023 ou o seu outro sinxelo en vinilo “Dragon Step” xunto a Le Faune Stepper no 2024.

Tras anos como produtor e operator en Dub Mono HiFi, comeza a súa xira acompañado en ocasións por Indra Mc. Así, en formato dub live consigue levar a súa música a diferentes sounds da Península e de Europa chegando a festivais internacionais de referencia.

0.16336894035339