Hipócrita teatro interpretará a súa obra 'Arte' este domingo en Sarria

SarriaXa
No marco de Circuíto de teatro afeccionado 2023, este domingo ás 20.
os veciños do lado teatro sarria
21 Out 2023

No marco de Circuíto de teatro afeccionado 2023, este domingo ás 20.00 horas a Casa da Cultura de Sarria acollerá a representación teatral 'Arte' do grupo Hipócrita Teatro.

Nesta traxicomedia representarase a polémica entre dúas persoas conviventes, Teo e Carlos, que ven de forma diferente unha obra de arte contemporánea. É unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, son quen de transmitirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos.

Esta iniciativa, que é para público maior de 12 anos, ten a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Concello de Sarria e o grupo de teatro Rebuldeira de Sarria.

0.13878989219666