Honeymoon proxectarase na Sociedade La Unión dentro do ciclo de cine dos Mestre Mateo

SarriaXa
A película de Enrique Otero será presentada o domingo 28 de setembro ás 19:00 horas e opta a varias candidaturas nos XXIII Premios Mestre Mateo
Honeymoon
27 Sep 2025

Dentro do ciclo de cine organizado polos Premios Mestre Mateo, a Sociedade La Unión acollerá o vindeiro domingo 28 de setembro, ás 19:00 horas, a proxección de Honeymoon, dirixida por Enrique Otero.

A película narra a historia de Eva e Carlos, un matrimonio en ruínas que só parecía manterse unido polo seu fillo Jonás. A súa morte nun accidente nos Estados Unidos cambia por completo a relación da parella, deixándoos sen ningún lazo, máis aló da necesidade de repatriar o corpo do seu fillo e de afastarse definitivamente.

Honeymoon chega á Sociedade La Unión tamén coa distinción de optar a varias candidaturas nos XXIII Premios Mestre Mateo, entre as que se inclúen mellor dirección, mellor son, mellor dirección de fotografía, mellor vestiario, mellor guión, mellor montaxe, mellor interpretación feminina de reparto, mellor interpretación masculina de reparto, mellor interpretación masculina protagonista e mellor longametraxe.

⚙ Configurar cookies
0.09588098526001