Hoxe remata a IX edición da campaña "60x1000" co sorteo de 1.000 euros

SarriaXa
Hoxe remata a IX edición da campaña '60x1000' co sorteo de 1.000 euros, unha campaña na que participaron 30 comercios
sorteo sarria
5 Ago 2022

Hoxe pola tarde ás 18.00 horas con motivo da campaña “60 x 1.000” realizarase o derradeiro sorteo dun cheque por valor de 1.000 euros.

Terá lugar na rúa Calvo Sotelo número 91-93, diante da oficina da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria (ACES).

Un total de 30 comercios participaron nesta campaña que estivo activa durante o mes de xullo e na que se obtiveron miles de participacións coas compras en diversos establecementos.

Descubrirase ao gañador/-a de 1.000 euros que terá que contestar o teléfono no prazo de dúas horas. A xornada de compras será ao día seguinte, o sábado día 6, ás 11:00 horas.

No sorteo estará presente Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria e todo aquel que desexe asistir.

0.09671688079834