Samos acollerá a exposición fotográfica 'Somos soldados' da UME

SarriaXa
A inauguración será o vindeiro mércores, 4 de setembro, e estará disposta na Antiga Biblioteca Municipal ata o 14 de setembro
Ume-Sarria
29 Ago 2024

O Concello de Samos acolle a exposición 'Somos Soldados', da Unidade Militar de Emerxencias (UME), organizada pola propia Corporación Municipal e a Subdelegación do Goberno de Lugo.

Así, o día 4 de setembro, mércores,ás 13.00 horas terá lugar a inauguración, que será na Antiga Biblioteca Municipal de Samos e estará dispoñible para ver ata o 14 de setembro.

Así, todas as persoas ou grupos interesados en ver esta mostra, de fotografías sobre o traballo da UME poderá facelo de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas, poñéndose en contacto antes co Concello de Samos para avisar da súa intención.

0.13925290107727