Huellas de Sarria impulsa de novo a súa Lotería de Nadal para seguir coidando dos cans do refuxio

SarriaXa
A entidade destinará o donativo de cada participación ao pago das facturas médicas dos animais, especialmente necesarias no inverno
Huellas-Sarria-refuxio
4 Dec 2025

A asociación sen ánimo de lucro Huellas Sarria pon en marcha un ano máis a súa tradicional Lotería de Nadal, unha iniciativa coa que procura recadar fondos para manter aos cans que acollen no seu refuxio. Neste período do ano, explican, os animais —moitos deles de idade avanzada— precisan máis atencións, xa que o frío lles afecta con maior intensidade.

Cada participación custa 5 euros, dos que 4 euros se xogan e 1 euro corresponde ao donativo destinado integramente ao pago das facturas veterinarias. A entidade lembra que en edicións anteriores esa achega resultou fundamental para facer fronte a unha parte importante do gasto sanitario que xeran os animais atendidos. “Sen este ingreso sería practicamente imposible manter este labor”, sinalan.

Desde Huellas de Sarria agradecen a todas as persoas que colaboran ano tras ano e tamén ás que mercan papeletas por primeira vez. Confían en repartir sorte entre quen participe, aínda que aseguran que sempre hai uns gañadores garantidos: “os nosos cans”. Grazas ao euro de cada papeleta vendida, a organización poderá continuar asumindo os custos veterinarios indispensables para o seu benestar.

⚙ Configurar cookies
0.078955888748169