Huellas de Sarria valora a acollida do mercado solidario como "moi boa" e din que volverá celebrarse

SarriaXa
O mercado solidario organizado en Sarria este pasado sábado por Huellas Sarria, a AGAE, Miau Lemos e Michos de Lugo foi todo un éxito, xa que tivo moi boa acollida a feira solidaria, segundo explican desde Huellas de Sarria.
mercado solidario Sarria2
22 Aug 2023

O mercado solidario organizado en Sarria este pasado sábado por Huellas Sarria, a AGAE, Miau Lemos e Michos de Lugo foi todo un éxito, xa que tivo moi boa acollida a feira solidaria, segundo explican desde Huellas de Sarria.

“Para nós é moi importante facer este tipo de eventos para darnos a coñecer a máis persoas, que se coñeza o gran labor dos voluntarios, crear conciencia do que significa ter unha mascota e que a xente poida aportar o seu granito de área”, defenden desde Huellas Sarria.

Os fondos recadados coas vendas deste mercado solidario van destinados a coidar aos animais que todas as asociacións teñen ao seu cargo e a manter os refuxios e as colonias,”xa que ás veces atopámonos con situacións complicadas debido a falta de recursos”, explican.

Debido á boa aceptación deste mercado, a intención destas asociación organizadoras é seguir facendo máis edicións deste evento, que poderá volver a celebrarse en Nadal.

0.16098809242249