Organízase a 'Feria Solidaria Buenas Pulgas' o 24 de agosto

SarriaXa
Nesta ocasión, son seis as entidades comprometidas cos animais as que participan no mercado, que estará aberto de 12.00 a 20.00 horas
Feria-solidaria-de-las-buenas-pulgas-Huellas-Sarria
10 Ago 2024

A entidade Huellas Sarria organiza, xunto con outras seis entidades, a ‘Feria Solidaria Buenas Pulgas’ o vindeiro 24 de agosto, sábado, en horario de 12.00 a 20.00 horas na rúa Liberdade de Sarria, onde a explanada do antiguo ambulatorio.

Nesta edición, serán seis entidades as que participen da iniciativa, tales como AGAE (Asociación Galega de Adopción de Exóticos), Michos de Lugo, Asociación Mau Lemos, Almanimal, Refugio Becerreá e a propia Asociación por la Protección Animal Huellas de Sarria.

Desta maneira, todas as persoas que se acheguen ao mercado, poderán atopar roupa e obxectos clásicos, artesanía, lotería de nadal, un rincón de donacións para pensó, comida húmida, chuches, correas, area ou herba seca. Ademais, organizan unha sesión vermú con música e picoteo, actividades infantís e un sorteo entre todas as personas que participen.

0.076284885406494