Huhú abre a súa Sede en Sarria polo San Xoán para visitar su exposición

A Asociación Cultural Huhú de Sarria vén de anunciar unha apertura especial da súa Sede Núcleo Difusor da Arte Contemporánea con motivo da celebración do San Xoán.
Durante os próximos días, as persoas interesadas poderán visitar a exposición "Vin cousas que non creríades", unha mostra que propón unha inmersión no mundo da arte contemporánea a través de propostas visuais e conceptuais de diferentes artistas.
A exposición poderá visitarse o mércores 25 e o xoves 26 de xuño en horario de 16:00 a 19:00 horas. O venres 27 abrirá ao público unha hora máis, de 16:00 a 20:00 horas. Finalmente, o sábado 28 de xuño poderá visitarse en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 horas.
Con esta iniciativa, Huhú pretende achegar a creación artística contemporánea á veciñanza de Sarria e a todas as persoas que desexen aproveitar estes días festivos para coñecer novas expresións culturais desde un espazo comprometido coa difusión e a experimentación.