Huhú lembra que remata o prazo para visitar a exposición BIS/BARRA na Sede de Sarria

A Asociación Cultural Huhú recorda á veciñanza que esta é a derradeira semana para achegarse á exposición BIS/BARRA: Na parede está todo, instalada na Sede de Sarria. A proposta forma parte do terceiro bloque da TST1 Trienal Sarria Triennial (2024–2026) e preséntase como unha panorámica expandida das expresións creativas da comarca, onde conflúen persoas afeccionadas, creadoras profesionais, veciñas e participantes anónimas.
A mostra incorpora fotografías, obxectos e materiais que habitualmente non son considerados pezas artísticas, procedentes de ámbitos domésticos, arquivos particulares e contornos alleos aos circuítos institucionais. O conxunto está integrado por obras de máis de 50 participantes e por creacións de natureza moi diversa, converténdose nunha das exposicións máis amplas e heteroxéneas celebradas en Sarria.
Desde a organización animan á cidadanía a non perder esta proposta, definida como un acto de amor creativo comarcal, e a compartila en compañía de familiares e amizades.
A exposición poderá visitarse o sábado 14 en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, e o domingo 15 de 12:00 a 14:00 horas.