Iago Bande do BNG de Láncara deixa a súa acta como edil

SarriaXa
A substitución de Bande no pleno municipal será asumida por Miguel Fernández, o seguinte integrante da lista do BNG nas eleccións municipais de 2023
iago-bande-miguel-fernandez-BNG-lancara-2025
15 Jan 2025

Iago Bande, concelleiro do BNG no Concello de Láncara, presentou a súa renuncia á acta de edil por motivos estrictamente políticos. "Foi unha decisión colectiva, unha decisión tomada por todos os membros, e de cara ao traballo para estes vindeiros anos de cara as próximas eleccións", di Bande, "este era un escenario que barallamos nalgún momento"

Bande, que formaba parte do grupo municipal nacionalista desde fai dez anos, destacou polo seu compromiso co municipio e a defensa das políticas progresistas durante o tempo que ocupou o cargo. "Eu xa levaba dous ciclos e medio de mandato, e na nosa opinión no é bo que ninguén se eternice nos cargos. Así que decidimos dar o paso", indica o nacionalista.

A substitución de Bande no Pleno municipal será asumida por Miguel Fernández, o seguinte integrante da lista do BNG nas eleccións municipais de 2023. Fernández, veciño de Láncara, comprométese a continuar o labor do seu predecesor, apostando por iniciativas que melloren a calidade de vida da veciñanza e impulsen o desenvolvemento sostible do concello. "Miguel está súper preparado para este posto, é afable, e súper traballador", di Iago Bande, "é a persoa máis indicada a día de hoxe para levar a Láncara polo mellor camiño".

Desde o BNG de Láncara, quixeron agradecer o traballo realizado por Iago Bande durante o seu tempo como concelleiro, destacando a súa dedicación e implicación en proxectos fundamentais para a localidade. Ao mesmo tempo, manifestaron a súa confianza en Miguel Fernández para seguir representando os valores e obxectivos da formación nacionalista no municipio. "O máis importante é que Miguel defenderá aos veciños e tomará as mellores edicións para eles", sinala Bande.

O pleno onde se formalizará a incorporación de Miguel Fernández celebrarase o día 30 de xaneiro, unha vez completados os trámites administrativos pertinentes.

0.13583707809448