Impartiuse en Sarria un curso de desfibriladores semiautomáticos

SarriaXa
Desde o Concello din que esta é unha formación "clave para garantir unha resposta rápida e eficaz ante emerxencias cardiovasculares nas instalacións deportivas"
formación-primeiros-auxilios-Sarria
20 Nov 2024

Persoal da área de Deportes do Concello de Sarria vén de completar un curso de desfibriladores semiautomáticos (DESA) que se impartiu no pavillón.

Así, desde o Concello din que esta é unha formación "clave para garantir unha resposta rápida e eficaz ante emerxencias cardiovasculares nas nosas instalacións deportivas".

Con todo, esta formación servirá para ter unha Sarria máis segura e desde o Goberno local defenden que "hai que seguir traballando para ofrecer un servizo de calidade e priorizar a saúde e seguridade de todas e todos".

 

0.17694091796875