Inaugurada unha nova mouta de pedra xaponesa no Camiño Francés
SarriaXa
Inaugurada unha nova mouta de pedra xaponesa no Camiño Francés
4 Mar 2023
Unha mouta de pedra xaponesa que representa a amizade entre o Camiño de Santiago e a ruta de peregrinación nipona Shikoku Henro foi inaugurada en Triacastela.
A mouta está emprazada en pleno Camiño Francés, preto do Concello de Triacastela.
Esta figura está dedicada á alcaldesa, Olga Iglesias, e ao valedor do Camiño e vicepresidente da Asociación de Periodistas e Estudos do Camiño de Santiago, Lois Celeiro, presentes no acto.
Tamén estiveron presentes membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da comarca de Sarria, que xa viron a posta doutras moutas xaponesas no Camiño Francés, en Sarria, Portomarín ou Arzúa.
O Shikoku Henro é unha ruta por 88 templos budistas na illa xaponesa de Shikoku.