Inferus e Baixo Zero actuarán este sábado no Buril de Sarria

SarriaXa
O grupo de death metal Inferus, que vén desde Palencia, actuará este sábado, 23 de marzo, no local do Buril, un evento organizado pola Asociación Buril ACDE de Sarria.
O Buril
21 Mar 2024

O grupo de death metal Inferus, que vén desde Palencia, actuará este sábado, 23 de marzo, no local do Buril, un evento organizado pola Asociación Buril ACDE de Sarria.

A banda de thrash/death metal nace en 2020, con Miguel Ángel Brugera (guitarra e voz), Álvaro Gabino (baixo), Nicolás Díez (batería) e Manuel Blázquez (guitarra).

Ademais, xunto a eles, virán Baixo Zero, o grupo de rock sarriao de recén creación e que ensaia no propio Buril e compón cancións en galego.

Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo achegándose antes das 22.00 horas, momento no que comezará o concerto, e pagando unha entrada de 8 euros.

0.1442859172821