Iniciadas as obras na estrada entre Nadela e Maceda e na travesía de Sarria

LugoXa | SarriaXa
Iniciadas as obras de reforzo na estrada entre Nadela (Lugo) e Maceda (Corgo) e na travesía de Sarria, onde se actuará en case un quilómetro.
aglomerado obras estradas
30 Xul 2021

Iniciadas as obras de reforzo do firme na estrada LU-546 (Nadela-Monforte de Lemos), que se levarán a cabo nun treito de 10,6 quilómetros entre Nadela (Lugo) e Maceda (O Corgo) e tamén na travesía de Sarria, onde se actuará en case un quilómetro.

Así pois, destinouse un orzamento de 647.000 euros a estes traballos, que teñen un prazo de execución estimado de seis meses. Ademais, comprobouse o inicio das obras, que consistirán na realización de fresados localizados e a reposición do firme con mestura bituminosa en quente a carril completo.

Na localidade sarriá renovarase a calzada en toda a lonxitude da travesía, co estendido dunha nova capa de rodaxe. Posteriormente instalarase nova sinalización horizontal en todas as zonas acondicionadas.

Dáselle, desta maneira, continuidade ás melloras que foron executadas hai poucos meses noutros 10,7 quilómetros desta mesma vía ao seu paso polos municipios do Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria.

Así mesmo, apuntou que a nova intervención está incluída nun proxecto de reforzo do firme en tres estradas autonómicas que inclúe tamén melloras na LU-636 e na LU-741, cun investimento global de 1,7 millóns de euros.

0.16143584251404