Investidos 300.000 euros en rematar o viveiro de Paradela

SarriaXa
O Concello de Paradela rematará as obras do seu viveiro que está distribuído en cinco departamentos repartidos en dúas plantas.
paradela
11 Jun 2021

O Concello de Paradela rematará as obras do seu viveiro que está distribuído en cinco departamentos repartidos en dúas plantas. Os locais son susceptibles de xestión independente e as súas dimensións van dos 173 aos 373 metros cadrados. A inversión que se realiza é de 300.000 euros, dos cales a Xunta aporta o 80% (240.000 euros). 

O obxecto é crear espazos funcionais que conten con moita superficie diáfana e dispoñan de recepción, vestiarios e aseos, entre outros servizos, para ofertalos a novas firmas que dean os seus primeiros pasos neste polígono.

Os traballos remataronse fai un ano, sen embargo, aínda quedaba a urbanización do acceso, estructuras interiores, instalacións de fontanaría e electricidade, etc; obras que se levarán a cabo coa actual inversión e que permitirá que a partir de outono se poidan instalar novos emprendedores.

Ata o de agora, os traballos supuxeron un custe de 552.000 euros aboados polo concello, dos que 85.000 foron para comprar os terreos e o resto empregouse na execución da obra.

En total, aprobouse a concesión de axudas por valor de case 900.000 euros para impulsar tres viveiros de empresas máis, ademais do de Paradela. En canto á cantidade beneficiaria desta convocatoria, O Corgo percibe 240.000 euros (coma Paradela), Monforte de Lemos 197.900 euros e Bóveda 192.000 euros.

0.15463781356812