Irregularidades no Concello de Sarria e na residencia de maiores
A interventora do Concello de Sarria rexistrou, no informe anual sobre as anomalías en materia de ingresos do goberno local, infraccións e irregularidades nos procesos de contratación de persoal en espazos de titularidade municipal como son o propio Concello de Sarria e a residencia de maiores.
Nesta última, o organismo conta con 19 reparos de intervención sobre a ausencia dos procedementos de contratación e sobre a falta de trámites esenciais. Así pois, considera que a estrutura da residencia de maiores está incompleta e que falta a estructura administrativa económica-financiera. Ademais, o informe contempla a domiciliación no banco dos gastos da luz e das comunicacións da residencia, pagándoos sin autorización de intervención.
Así mesmo, no caso do Concello, ademais das irregularidades nos trámites de contratación de persoal, tamén se suman as subvencións no que se comprobou que hai irregularidades na documentación xustificativa do recoñecemento da obriga. De feito, estos trámites supoñen gastos que van dos 200 aos 380.000 euros. Desta forma, o Concello non segue os principios de libre competencia e tampouco conta cun convenio colectivo de persoal laboral.