Isabel Rodríguez defende este 8M as políticas públicas feministas fronte ao "relato reaccionario"

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, Isabel Rodríguez, realizou a lectura do manifesto con motivo do día do 8M, Día Internacional da Muller, acompañada por representantes das Forzas e Corpos de Seguridade e traballadoras e traballadores da administración.
lectura manifesto subdelegada 8m
8 Mar 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, Isabel Rodríguez, realizou a lectura do manifesto con motivo do día do 8M, Día Internacional da Muller, acompañada por representantes das Forzas e Corpos de Seguridade e traballadoras e traballadores da administración.

A subdelegada recordou o informe elaborado polo Goberno no que se recolle que un total de 255 normas aprobadas entre xaneiro do 2020 e febreiro do 2023 tiveron un impacto positivo na redución da desigualdade entre homes e mulleres. “Esa segue sendo a liña de actuación para alcanzar a igualdade plena con políticas públicas que se vexan reflectidas no día a día das mulleres”. Malia isto, a subdelegada atestou que “aínda queda moito por facer, por exemplo, seguimos a ver como en Galicia a muller está a gañar un 19% menos que o home, un dos datos que nos indican que temos que seguir traballando por eliminar esa fenda.”

“Dende o Goberno estamos a ter un enfoque integral para solucionar estas diferenzas a través do emprego, a conciliación, a representación paritaria, así como outras medidas que evidencian unha verdadeira aposta pola igualdade, posto que a única forma de progresar e materializar sociedades democráticas é investir nas mulleres”, afirmou Isabel Rodríguez en alusión ao lema elixido este ano polas Nacións Unidas.

A subdelegada do Goberno en Lugo salientou todos os pasos que se están a dar nos últimos anos a nivel nacional, como a reunión do Foro Social contra a trata con fins de explotación sexual ou a renovación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, apostando polo reforzo de medios e recursos e a incorporación dun cribado universal na atención primaria para a detección precoz da violencia contra as mulleres. Tamén mencionou o impulso lexislativo para a protección dos menores ante a pornografía ou a aprobación do proxecto de Lei orgánica de representación paritaria e presenza equilibrada de mulleres e homes, entre outras liñas.

Semana do 8M

Durante toda esta semana, a Subdelegación de Lugo uniuse á Delegación do Goberno e ás demais Subdelegacións na realización de actos polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Así, durante estes días tivo lugar a colocación da pancarta na fachada da Subdelegación, unha formación sobre o marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, a presentación dos Puntos Violetas nas oficinas do SEPE da provincia, charlas do Plan Director e a lectura do manifesto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15230798721313