Ital Roots son os décimo sétimos confirmados para o Festival Tremeterra

SarriaXa
Ital Roots están activos na escea dende 2015 e son os organizadores das Rootsman Corner en Vigo
Ital-Roots
15 Xuño 2024

Os organizadores do Festival Tremeterra do Incio veñen de confirmar a décimo sétima banda musical que tocará durante o evento, concretamente o 31 de agosto.

Estes son Ital Roots, activos na escea dende 2015 e organizadores das Rootsman Corner en Vigo. A súa selección 100 % vinilo abarca ska, rocksteady e dancehall, con rub a dub e ritmos dos 80 como base, incluíndo dubplates exclusivos.

As súas sesións que viaxaron por eventos como Minho Reggae,Compostela Dub, Dubmingos e Real Rockers Sessions ou o Rub a Dub Corner en Vigo aterrarán nesta edición de Tremeterra xunto a un artista que pronto será anunciado.

0.15512990951538