Volve a Feira do turismo e do peregrino de Samos
SarriaXa
Chega ao concello de Samos unha edición máis da feira do turismo e do peregrino, hoxe día 7 a partir das 11.30 horas
6 Aug 2022
Maña domingo 7 de agosto chega ao concello de Samos a IV Feira do turismo e do peregrino, o festexo será no campo da festa.
Así pois, a xornada contará con actuacións de música tradicional e actividades promocionando o ano Xacobeo. Pola maña terá lugar a Festa de Convivencia cos Nosos Maiores cun pasarrúas e unha charanga, a partir das 11.30 horas.
Ás 12.30 horas será a quenda de Antonio Barros, quen dará un concerto para tódolos asistentes. E pola tarde o público bailará de novo a ritmo de charanga.
Haberá tamén unha exposición de artesáns con distintos postos.
Así pois, remata desta maneira unha festa diferente, con bo ambiente e con actividades e espectáculos para poder coñecer e desfrutar da vila de Samos.