Iván Carril deixa de ser o adestrado do Sénior A da SD Sarriana

SarriaXa
O club agradece o labor do técnico e busca novo adestrador antes de recibir ao Marino de Luanco
Iván-Carril-adestrador-Sarriana-25
5 Nov 2025

A SD Sarriana e o adestrador Iván Carril puxeron fin á súa relación profesional, poñendo así punto e final a unha etapa que comezou no pasado mes de xullo, cando o técnico asumiu o liderado do primeiro equipo tras o histórico ascenso á Segunda Federación. Xunto a el tamén abandonan a entidade Borja Collar, Adrián Baamonde e Javier Pampín, integrantes do seu corpo técnico.

O club sarriao comunicou que a decisión implica o inicio dunha nova etapa deportiva, agradecendo a Carril e ao seu equipo “todo o seu traballo neste arranque dun curso histórico para a nosa vila” e desexándolles “todo o mellor no seu futuro profesional”.

A entidade traballa agora na procura dun novo responsable para dirixir ao conxunto na súa esixente tempada de debut na categoría, na que o obxectivo pasa por consolidar a permanencia. O equipo afrontará o seu próximo compromiso ligueiro este domingo 9 de novembro ás 17.00 horas, cando recibirá ao Marino de Luanco.

⚙ Configurar cookies
0.066496849060059