Iván Castro e José Manuel López Torre saen reforzados do congreso nacional do PSdeG
Os días 7 e 8 de decembro tivo lugar en Santiago de Compostela o congreso socialista no que Valentín González Formoso saiu elexido como novo secretario xeral do partido.
Neste congreso a comarca de Sarria obtivo unha maior representación con Iván Castro como un dos integrantes destacados da executiva nacional, ao facerse cargo da área de Acción Eleitoral. O secretario xeral paradelense, foi unha das persoas máis destacadas da provincia lucense durante a campaña ao acadar un 99% de apoio na súa agrupación, a terceira maior da provincia de Lugo para o novo secretario xeral.
Jose Manuel López Torre, secretario xeral da cabeceira de comarca, entrou nos primeiros da lista do máximo órgano galego, o comité nacional, despois do traballo realizado en Sarria para acadar o resultado a favor de Valentín G. Formoso.
Tamén forman parte do comité nacional a secretaria xeral samoense, Pilar Saavedra, a exalcaldesa do Incio Laura Celeiro e o concelleiro lancarés Pablo Rivera.