Jaime Paz será o novo adestrador do equipo de 3ª RFEF da SD Sarriana

SarriaXa
Durante o acto de presentación, ademais do adestrador, presentáronse aos novos xogadores do equipo e contaron cos que seguen unha tempada máis
presentación-da-SD-Sarriana-Sénior-A-tempada-2024-2025
1 Ago 2024

Este mércores, 31 de xullo, presentouse ante o público o equipo sénior A de 3ª RFEF da SD Sarriana no campo municipal da Ribela de Sarria.

Durante o acto, presentouse ao novo adestrador da Sarriana, Jaime Paz, que procede do Villarreal, onde formou parte do cuerpo técnico de Quique Setién. Tamén foi asistente técnico no Oviedo. “Jaime coñece as características dos xogadores e valora o feito de contar con gran parte da base da campaña anterior, á que se suma a incorporación de futbolistas que poden aportar moito e marcar diferenzas”, explican desde o club. Ademais, Paz confía en sacarlle "o mellor rendemento" ao cadro de xogadores, no que hai “mozos novos que apuntan moi boas maneiras”.

Así, con Jaime Paz forman parte do corpo técnico do club Juan Noé, Adriano Sousa, David, Diego e Santi Prieto.

Por outra parte, anunciáronse as renovacións dos xogadores do equipo, que son Javi Liz, Valentín Mosquera, Tomás Susavila, Maxi Levbrand, Keko Vilariño, Jacobo Vilariño, Adri Díaz, Álex Boedo, Diego Rey, Cuadrado, Arona e Brais Prieto.

Mentres, tamén se anunciaron as incorporacións de novos xogadores, que son Álex Millán, Martín López, David Guitián, Froilán Contreras, Youseff Sánchez, Rai, Luis Díaz e Santi Gegunde.

Ademais, durante a pretempada, xogarán co primeiro equipo varios integrantes do sénior B, como Rubén Mourelo y Brais Lopez, e o xuvenil, como Óscar, Uxío, Pablo No, Adrián Pardo e Guti.

0.16817212104797