Jandro Pallares ofrecerá unha exhibición de baile durante o I Mercadiño de Nadal do Páramo

SarriaXa
Ademais, tamén durante esa xornada do día 21, terá lugar un obradoiro para os máis pequenos sobre as emocións a través de xogos teatrais
Jandro-Pallares
16 Dec 2024

O Concello do Páramo anuncia novas actividades que se desenvolverán este sábado, 21 de decembro, durante o primeiro Mercadiño de Nadal do municipio.

Así, a Escola de Baile Ritmo Lugo fará unha exhibición de baile ás 12.30 horas no templete do campo da feira, onde estará Jandro Pallares, cinco veces campión de España en bailes caribeños e sexto no ránking mundial de salsa.

Ademais, tamén durante esa xornada do día 21, a partir das 16.00 horas terá lugar un obradoiro para os máis pequenos sobre as emocións a través de xogos teatrais. Alí, potenciarase a creatividade e fomentarase a comunicación e expresión non verbal. Ademais, utilizaranse as cores como guía para falar do que senten as participantes.

Tamén haberá unha sesión de contacontos a partir das 17.00 horas da man da profesora do CEIP do Páramo no curso 2021-2022 Marta baixo o nome de 'Un feitizo de familia'.

0.14943718910217