Javier López: “Na Ferretería Sarria os clientes reciben unha atención personalizada”
Por Jessica Fernández
Cando naceu esta empresa e con que obxectivo ou motivación xorde?
Naceu en xullo do 2000 co obxectivo de ofrecer tanto a particulares, autónomos, como gandeiros e agricultores de Sarria e comarca, a mái ampla variedade de artigos de ferraxería da mellor calidade e aos mellores prezos.
Tamén ofrecemos maquinaria forestal e de xardín, así como o servizo técnico de mantemento e reparación de maquinaria forestal e de xardín.
Que produtos ofrecen na ferraxería?
Ofrecemos artigos de xardinería, pintura, droguería, ferraxería, ordenación, iluminación, electricidade, ferramentas, maquinaría forestal e de xardín, protección laboral, sanitaria, fontanería, calefacción e climatización, construción, industrial e enxoval do fogar e cociña.
Como se leva a cabo o servizo a particulares, profesionais autónomos e pemes e a gandeiros?
Somos un establecemento de proximidade, por iso o noso clientes veñen a tenda onde reciben unha atención personalizada polos nosos dependentes ou poden optar polo autoservizo.
Tamén son distribuidores da marca Stihl, que maquinaria distribúen, a quen e por que?
Ofrecemos toda a gama de maquinaria forestal e de xardín da marca Stihl.
Tamén somos socios da Cooperativa As Rias, unha cooperativa galega con máis de 100 socios en Galicia, norte de Portugal e parte de Asturias. A través da cooperativa podemos ofrecer unha ampla gama e variedade doutras marcas de maquinaria de xardín e forestal, así como produtos de ferraxería.
Ademais disto, levan o servizo técnico, a quen e por que?
Ofrecemos o servizo técnico de mantemento e reparación de maquinaria forestal e de xardín, tanto de Stihl como de calquera outra marca.
Como é a relación con clientes?
A relación cos clientes é moi boa, sempre tentamos satisfacer a demanda do cliente e en caso de non poder, asesoramos con outras opcións ou solucións para que o cliente poida elixir o que máis lle conveña ás súas necesidades.
Que proxectos teñen para o futuro?
Seguir mellorando a división da tenda por departamentos, a incursión no mundo dixital e a redes sociais e por suposto ampliar a gama de produtos que ofrecemos aos nosos clientes para que sempre atopen o que necesiten.