Jessica Guloomal, nova artista confirmada para o Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
Roberto Lolo describe a Jessica Guloomal como unha artista que fai unha "maxia espectacular"
jessica-guloomal
11 Xul 2024

O organizador do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, Roberto Lolo, vén de confirmar a presenza dunha nova artista durante o evento os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto.

Así, volve Jessica Gullomal, a número 18 e que xa cautivara ao público cando estivo no festival, xa que ten unha maxia "espectacular, elegancia e carisma únicos no escenario", describe o organizador.

Ademais, traerá novas propostas nesta 19ª edición para sorprender ao público e tamén aos demais magos que forman parte do evento. "Benvida de novo, Jessica, e grazas polo teu traballo e simpatía", rematou Roberto.

0.079339981079102