Jony Lombardía deixa de ser adestrador do equipo da SD O Páramo

A SD O Páramo informou que o seu adestrador, Jony Lombardía, deixa de ser o líder do equipo tras tres tempadas á fronte da entidade. Un camiño que comezou na tempada 2022/2023 na Terceira Rexional e que conclúe co equipo logrando a permanencia na categoría.
"Durante este tempo, Lombardía foi unha peza clave para o club, demostrando un compromiso total e un amor polos colores da SD O Páramo, ao que sempre tratou como a súa propia casa", destacan desde a entidade deportiva.
O club expresou o seu máis sincero agradecemento a Jony Lombardía pola súa dedicación e esforzo, e por ter deixado todo no campo co obxectivo de devolver ao club á Segunda Rexional.
Ademais, a SD O Páramo informou que o seu segundo adestrador, César Sanjurjo, tampouco continuará a vindeira tempada na institución. "Xuntos, Lombardía e Sanjurjo conseguiron un ascenso que quedará gravado na historia do club, ilusionando á afección e demostrando que, con perseveranza e actitude, todo é posible".
Desde a SD O Páramo sinalaron que as portas de As Rapadas sempre estarán abertas para eles, agradecendo o legado que deixaron no equipo.