José Antonio, máis coñecido como El Barón, confirmado para actuar no Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria
SarriaXa
Roberto Lolo, promotor e organizador da XIX edición do Festival, presenta a El Barón como un "súper artista"
Mago El Barón (dereita) con Mago Raúl Camagüey (esquerda)
12 Jun 2024
Roberto Lolo, o mago sarriao que organiza, un ano máis, o XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, confirma o segundo artista invitado que participará deste gran evento.
Así, no evento, que terá lugar os días 22, 23, 24 y 25 de agosto, contarase con José Antonio, máis coñecido como El Barón, que estará por primeira vez no festival, aínda que é galego e vive en Madrid.
Roberto Lolo defíneo como “un súper artista versátil e cun dos looks máis potentes sobre un escenario. A min, persoalmente, lémbrame ao gran Tino Casal, pero en Mago”, sostén o mago sarriao.