José Manuel López volveu ser elixido como secretario xeral do PSOE de Sarria

SarriaXa
Presentouse unha candidatura alternativa por parte da militancia de Sarria e encabezada por Irasema López e Jose Luis Santamaría que foi retirada durante a asemblea
Presentacion-PSOE-Sarria
6 Oct 2024

A situación do Partido Socialista de Sarria vén de complicarse, de novo, despois de que o pasado 3 de outubro se celebrara unha asemblea extraordinaria na Unión na que se presentaron dúas candidaturas, unha formada por Irasema López, como secretaria xeral, e Jose Luis Santamaría como secretario de Organización; e outra encabezada por Benjamín Escontrela e José Manuel López Torre, que foi elixido de novo como secretario xeral.

Durante a asemblea extraordinaria, convocada pola secretaria de Organización Provincial, María Pilar García Porto; a lista presentada por unha parte da militancia e encabezada por Irasema López retirouse por “non cumprirse os Estatutos do partido”, así como din que “incumpría o censo a aplicar neste tipo de situacións”.

Desde a militancia do PSOE explican que algúns recibiron a convocatoria de Asemblea Extraordinaria o pasado 25 de setembro con dous puntos do día: a constitución da Comisión Xestora e o segundo que se refería á elección da nova executiva. Porén, explican a Comisión Xestora non se constitúe nunha asemblea, senón que vén constituída tras unha petición do Órgano superior ao afectado, xa que o problema xorde coa dimisión do anterior secretario xeral da Agrupación de Sarria o pasado 17 de febreiro de 2023 e quen fai a petición é a provincial de Lugo, trasládase á Comisión de Ética e Garantías Nacional e así constitúe a xestora a Executiva Federal.

Así, a propia Comisión Xestora é a encargada de levar a cabo unha asemblea para a elección da nova executiva nun prazo non superior a 90 días, pero non o ten que facer a secretaria de Organización. Por iso, presentaron unha primeira impugnación o 29 de setembro para solicitar que se fixera unha convocatoria que respectara os Estatutos do partido. Así, a contestación foi que a Comisión Xestora fora constituída o 11 de xuño de 2024, polo que ata o 3 de outubro pasaron 114 días, polo que de novo se incumpriron os Estatutos.

Con todo, durante a asemblea, na que a pesar da impugnación se presentou unha lista alternativa á proposta polo PSOE provincial, se presentaron dúas candidaturas, os militantes sarriaos que non están a favor de Benjamín Escontrela retiraron a súa candidatura porque “non iamos ser cómplices dun acto que non cumpría os Estatutos” e defenden que “en Sarria os principios de igualdade, transparencia e obxectividade foron transgredidos”.

Finalmente, o PSOE de Sarria seguirá tendo a Benjamín Escontrela como secretario de política municipal, a Fátima Gómez como secretaria de organización e a José Manuel López como secretario xeral do PSOE en Sarria.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17517900466919