José Quiñoá reelexido como presidente da Asociación La Unión de Sarria
A sociedade cultural e recreativa La Unión, atopada en Sarria, reelexiu a José Quiñoá como presidente xunto co resto de membros do equipo directivo tras unha asamblea de socios na que non se presentou ningunha outra candidatura. Nesta mesma asamblea, falouse sobre este ano pasado que estivo condicionado polo covid19 e no que non se puideron realizar moitos dos actos e das actividades previstas. Así mesmo, presentouse o balance das contas do ano pasado, que sumou un superávit de 20.000 euros.
Desta forma, Quiñoá repite cargo, para catro anos máis, na asociación que comezou a presidir en 2008. Grazas a isto, tamén se comezaron a tratar as actividades programadas para este ano que dependerán da evolución da pandemia e das medidas sanitarias que se vaian a tomar.