Juan Pedro Durán e Diego Rey compiten nos primeiros Campionatos de Europa de Snooker en España

LugoXa | SarriaXa
Os xogadores lucenses disputan a categoría absoluta nun Europeo histórico con récord de participación
Juan-Pedro-Durán-e-Diego-Rei-Snooker-España
11 Mar 2026

O profesional de Sarria, Juan Pedro Durán, coñecido como Gussy, e o de Lugo, Diego Rey participan co combinado nacional nos Campionatos de Europa de Snooker que se celebran por primeira vez en España, na localidade de Gandía, Valencia.

O evento está organizado pola EBSA (Federación Europea de Snooker) e a WST (Circuito Profesional de Snooker), e ambos os xogadores pertencen á Academia de Billar Poolroom de Lugo, competindo na categoría absoluta.

Gussy reaparece na escena internacional tras sete meses de lesión ao finalizar a tempada pasada, mentres que para Diego Rey, que recentemente revalidou o título de Campión Galego e se consolidou na elite nacional, esta será a súa primeira participación continental.

O torneo bate tamén un récord de asistencia, con máis de 450 participantes de distintos países nas categorías Sub 16, Sub 18, Sub 21 e Absoluta, consolidándose como o Europeo con maior número de competidores na historia.

0.11357808113098