Judith Trilirí e Daniel Sánchez son os dous novos magos confirmados para o Internacional de Maxia de Sarria

SarriaXa
Roberto Lolo segue dando sorpresas e confirmando artistas que participarán do evento que se celebra os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto
Festival-Maxia-Sarria-2
3 Xul 2024

O organizador do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, o mago Roberto Lolo, confirma dous novos artistas que participarán do evento que se celebra os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto.

Desta maneira, a decimo cuarta artista confirmada é Judith Trilirí, que "conquistou ao público coa súa simpatía natural, carisma e alegría", sostén o mago, que tamén di que "os peques a adoran e a súa maxia segue aumentando, polo que vela actuar sempre contaxia bo rollo", explica.

Por outra banda, tamén confirmou a Daniel Sánchez, "un dos mellores magos novos do panorama actual e que a min me encanta porque é todo o que debería servir de exemplo cando se comeza nesta arte", explica Lolo.

0.16857194900513